Un incendio deixa danos nunha casa en Dodro

12 Agosto 2020

Un incendio declarado esta tarde nunha casa en Dodro provocou severos danos na vivenda, sen que ningunha persoa resultase ferida.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as lapas calcinaron as estancias do primeiro e do segundo andar e afectaron ao tellado da casa, que colapsou. Por outra banda, na planta baixa, os servizos de emerxencia conseguiron evitar que o lume afectase a dúas habitacións, a unha adega e a unha cociña.

Os feitos sucederon no lugar de Bexo, na parroquia de San Xoán de Laíño, ao fío das 14:40 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do incendio.

A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Boiro e Ribeira, ao GES de Padrón e á Garda Civil.

As labores de extinción do lume e os traballos de balizado da vivenda finalizaron, segundo puido saber o 112 Galicia, preto das 17:15 horas.

Esta tarde o equipo de garda foi mobilizado polo 112 por un incendio urbano no concello de Dodro. Xunto con Bombeiros Boiro, Bombeiros Ribeira e Garda Civil.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.