“Un final ben tristeiro”. Por Antón Luaces

20 Agosto 2020
Antón Luaces

Armadores e tripulantes da  frota cerqueira galega, queren na súa inmensa maioría,  sair á rúa para pisar con forza e demostrarlle á Xunta que por moita maioría outorgada polos cidadáns galegos ao PP nas últimas eleccións, no mar son eles os que teñen a última palabra. O cerco quere sardiña e quere, sobre todo, explicacións do silenzo que o goberno de Núñez Feijoo e os armadores que rexeitaron o establecemento de cupos gardan dende vai tres anos en torno ó consentimento que a Consellería do Mar concede a aqueles barcos que botan en terra un mínimo de 30.000 quilos de sardiña ou xurelo cada día e outros, a maioría, han conformarse con 10.000 e todos calados. Mesmo con prezos que non acadan valores superiores a 30 ou 40 céntimos o quilo. Un prezo que, certamente, para aqueles que non poden superar os 10.000 quilos resulta insuficiente, pero que fai calar barbas a aqueles outros -os do bando escuro, din- que capturan e venden tres veces máis cada xornada e que fai máis rendible o traballo de pescar.

Como consinte tal disparate a Xunta que votou maioritariamente Galicia?. Ou é que isto é o quere o sector pesqueiro?. 

Un veterano patrón e armador con base nun dos portos da Barbanza dicíamo ben forte e claro: “Que no se equivoque a Xunta, porque nós somos maioría no mar. Un mar que está cheo de sardiña e de mariñeiros que aínda que non pasen fame, sí teñen necesidades coma os demáis. Necesidades que a Xunta no atende, pero que nós imos facer chegar a Bruxelas e ao Goberno de Madrid para que saiban que se está a facer aquí co que se lexisla en Bruxelas e en Madrid”.

Tres anos levan os mariñeiros do cerco galegos para que se chegue a un acordo de cupos diarios para que todos os traballadores da baixura galega poidan vivir onde agora só viven uns poucos, os de sempre. A vindeira semana pode producirse unha verdadeira “revolución”, porque pechada a campaña da sardiña ninguén dí nada do por que. Gardan o mesmo silencio que din garda o Ebro ao pasar polo Pilar. E co mar petado de sardiña resulta mortificante ese silenzo cómplice que os cerqueiros pretenden denunciar poñendo negro sobre branco o que está a pasar no sector pesqueiro de Galicia, un sector que a Xunta semella descoñecer ou polo que ten intereses dos que non quere falar.

Do cupo de sardiña adxudicado a Galicia debían quedar cando menos 15.000 toneladas máis para pescar cando se suspendeu a campaña. Pero esta péchase por máis que na Xunta sabían -e saben- que os armadores galegos, para sobrevivir, están comprando sardiña no Golfo de Cádiz.

A maioría do cerco está expectante, disposto a pisar as rúas e proceder, novamente. ó amarre de barcos. “Van enterarse en Santiago do que é un sector unido e cabreado, que non admite máis tomaduras de pelo nin enganos de tres por catro. Afirmo que o mar está cheo, absolutamente cheo, de sardiña. Pero esta está reservada para os que calan porque viven ben co pano na boca. Pois rematou o silencio. Diremos alto e claro que é o que está a pasar no mar”. 

Van escoitar, din os mariñeiros, por máis que non queiran oir.

Outros artigos

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

+

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

+

“Cando sobran motivos para non calar”. Antón Luaces

Confeso a miña particular admiración polo xornalista Isaías Lafuente Zorrilla a quen sigo actualmente grazas á súa intervención semanal no programa "24 horas", de RTVE, que presenta e dirixe na 2 o tamén xornalista (galego) Xavier Fortes.  Nesta oportunidade...

+

“¿Libertad de expresión?” – Manuel Domínguez

Seamos honestos, uno no puede ser libre cuando la barriguita le grita, porque en la mesa falta el pan. Uno no puede informarse en los medios de prensa, cuando económicamente son deficitarios, y mal viven a expensas de subvenciones, unas veces de babor otras de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.