Paisaxes Sonoras chega a un dos seus puntos culminantes con Triángulo de Amor Bizarro e Carlos Blanco

21 Agosto 2020

Tralo adiamento ao domingo da actuación de Carlos Blanco, esta fin de semana convértese no eixo central do ciclo Paisaxes Sonoras, o programa de concertos da Mancomunidade Arousa-Barbanza destinado a reivindicar a nosa cultura e identidade mediante un diálogo transversal entre música, narración, paisaxe e patrimonio. Será un menú de dúas actividades, a primeira das cales dará comezo o sábado coa banda local Triángulo de Amor Bizarro, que interpretarán os temas do seu disco homónimo a partires das 20.00 horas a carón da Praia Pesqueira en Cabo de Cruz (Boiro).

Segundo informa a organización, “as entradas de Triángulo de Amor Bizarro están esgotadas e o recinto contará cun reforzo no control externo para evitar aglomeracións dada a alta expectación que xerou o concerto, que esgotou as entradas en tan só 30 minutos”.

O domingo será a quenda Carlos Blanco co seu espectáculo Os mellores monólogos. Tamén coas entradas esgotadas, a cita é as 20 h no Pazo de Rianxiño.

A derradeira das Paisaxes Sonoras será o 29 de agosto na antiga Fábrica de Salgadura de Castiñeiras (Ribeira), coa cantante galega Guadi Galego.

Boiro: A praia de Pesqueira

A praia da Pesqueira atópase na pequena vila mariñeira de Cabo de Cruz. No seu porto, explica a mancomunidade, “conviven pasado e presente, desde o novo porto pesqueiro ao peirao vello, un dos máis antigos da ría que atesourou embarcacións que repasan a historia mariñeira de Galicia, como son as lanchas xeiteiras, as dornas de tope, os balandros, as traíñas ou as gamelas, entre outras”.

Rianxo: O hórreo do Pazo Rianxiño

Carlos Blanco actuará baixo a sombra do Hórreo de Rianxo. De pedra na súa totalidade, é o segundo en importancia no municipio e ten como particularidade a súa cuberta de granito a dúas augas. Cos seus case 25 metros de longo, tardou aproximadamente 10 anos en ser construído. Preside maxistralmente a Ruta do Mar de Arousa e Ulla.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.