O PSdG-PSOE de Ribeira, a través do seu portavoz José Manuel Vilas, presentou para ser tratada en pleno un petición relativa ao inicio inminente do curso escolar (o vindeiro 10 de setembro) e á necesidade de poñer a punto aos colexios, dende o punto de vista da seguridade sanitaria, para cando abran as portas. Trátase, en palabras dos socialistas de Ribeira, “dun curso que vai estar marcado pola pandemia e que nun principio farase de xeito presencial, con 25 alumnos por aula, e uso obrigatorio de máscara de protección na clase”. Isto, unido á necesidade de ter os colexios e os institutos operativos e seguros, guinda un panorama no que se fai necesario contratar persoal extra “para adaptar transporte, comedores, aulas, instalacións e novas tecnoloxías”.
En virtude de todo o devandito, os socialistas ribeirenses solicita ao Goberno municipal que “por parte de quen corresponda, delegación de educación ou alcaldía, se proceda a avaliar a instauración de novos labores de limpeza e desinfección dos colexios públicos da súa competencia, para intentar facer o mellor para os alumnos e profesores, e por ende para toda comunidade educativa”.