Ondiñas Mainas comparte a revolución artística rianxeira nunha nova entrega de Arte-Sanía

17 Agosto 2020

Este 21 de agosto vaise inaugurar en Rianxo, no Centro Sociocultural-Auditorio, a nova edición (a terceira) da mostra Arte-Sanía que organiza bianualmente a Asociación Ondiñas Mainas, colectivo local centrado na dinamización sociocultural e na reivindicación dos traballos tradicionais populares e na súa dignificación.

A nova entrega de Arte-Sanía, que terá as portas abertas até o 18 de setembro, será unha xanela directa ás máis recentes creacións da longa listaxe de artistas e artesáns rianxeiros actuais. Artistas e socios de Ondiñas Maínas como por exemplo Lara Torres, Nove Noel ou Fran Farrapos, aos que cómpre engadir a presenza de Luís Batalla, pintor e docente das clases de pintura organizadas pola asociación e interrompidas o pasado mes de marzo por mor da declaración do Estado de Alarma (e que Ondiñas Mainas agarda retomar en canto se normalice a situación sanitaria e se poidan achegar as máximas condicións de seguridade para o alumnado).

Por formatos, a exposición aglutinará pezas de pintura, láminas, artesanía, cartón-pluma, cartón-pedra, punto, madeira ou, tamén, obras en cemento. A intención da entidade rianxeira é seguir salientando e visualizando, tamén, a arte efémera realizada polas veciñas e veciños.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.