O proxecto para a mocidade Relevo 2020 preséntase o 1 de setembro no Son

25 Agosto 2020

O vindeiro martes 1 de setembro presentarase en Porto do Son, no Centro de Interpretación do Castro de Baroña (antigo concello), un programa dirixido a garantir o relevo xeracional no sector pesqueiro, unha cuestión socioeconómica que se presenta como un dos grandes retos das nosas administracións para os vindeiros anos. Estamos a falar do proxecto Relevo 2020, que se dá a coñecer en formato de reunión informativa (coas máis estritas medidas de seguridade) a partir das 19.00 horas. Relevo 2020, para quen non o saiba, é un chamamento á mocidade a identificarse co mantemento e desenvolvemento da actividade ligada ao mar, a través de formación, encontros, asesoramentos e actividades que contribúan ao mellor coñecemento dos recursos do noso litoral.

Baixo o nome de Relevo 2020, trátase dunha unha iniciativa de carácter formativo promovida por cinco Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP): GALP A Mariña – Ortegal, GALP Golgo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostible e GALP Ría de Arousa.

As persoas interesadas en asistir á reunión de Porto do Son deberán poñerse en contacto coa organización a través do enderezo electrónico jose.pazo@portodoson.gal.

O programa está dirixido a mozas e mozas entre os 16 e os 30 anos e posúe os seguintes obxectivos:

• Facilitar espazos de posta en común, en relación ao sector pesqueiro, para mozas e mozos do territorio que teñen inquietudes e obxectivos comúns e moito que aportar nos eidos pesqueiro e social.

• Sensibilizar aos mozos na importancia que o sector pesqueiro ten no desenvolvemento territorial e a súa repercusión no patrimonio, desenvolvemento turístico e oferta gastronómica.

• Continuar apoiando a profesionalización do sector pesqueiro e fomentando a innovación para que se siga a manter como un motor da nosa economía a través da creación de emprego, apoio á empregabilidade e/ou da inclusión social.

• Poñer de manifesto a importancia de preservar os recursos e zonas costeiras e de loitar en contra do cambio climático.

O programa formativo levarase a cabo entre setembro de 2020 e abril de 2021 con dúas edicións: a primeira entre setembro e decembro de 2020 (cuadrimestre 1) e a segunda, entre xaneiro e abril de 2021(cuadrimestre 2). Ambas son independentes. Haberá 15 prazas en cada cuadrimestre (30 prazas en total para cada GALP).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.