Este martes 25 temos unha cita en Rianxo cos conexións astronómicas das rutas xacobeas

24 Agosto 2020

O martes 25, Rianxo ponse de novo no epicentro da divulgación e a investigación astronómica. Será ás 21.00 horas, coa celebración do Congreso A Astronomía nas Rutas Xacobeas, que inclúe relatorio e posterior observación da bóveda celeste. A cita terá lugar no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo. Vén da man da Universidade de Santiago (Observatorio Astronómico Ramón María Aller) e o Concello e forma parte dun programa máis amplo de actividades por toda a xeografía galega (e tamén e León e Nájera, A Rioxa) que comezou o pasado 24 de xullo en Teo.

Este congreso desenvólvese en diferentes localidades galegas e de fóra de Galicia, entre as que se contan Rianxo e Noia, amais de Padrón, Boqueixón (Pico Sacro), Teo, Lalín, Allariz, O Barco de Valdeorras, Santa Comba, Ribadeo e as devanditas León e Nájera. Máis adiante están previstas sesións deste congreso en Monforte de Lemos, Vedra e en Santiago de Compostela, sen excluír outros lugares que se irán anunciando coa suficiente antelación. Todas as sesións celébranse cumprindo as máis estritas normas sanitarias en vigor, polo que se recomenda, tanto no caso de Rianxo como no resto das localidades, formalizar praza previamente (hai aforamento limitado). No caso de Rianxo poderá facerse a través de auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(preferente) ou no teléfono 664 18 32 17.

Nestas sesións, as conferencias impartidas achegan información de interese sobre a relación da Vía Láctea co Camiño, as novidade no eido de investigación dos exoplanetas, os bólidos e meteoritos e, en particular, toda a información sobre a choiva de estrelas de agosto, as Perseidas. En canto aos obxectos a observar tanto a simple vista como por medio de telescopios, quen se achegue a estas xornadas pode contemplar nas primeiras horas da noite os planetas Xúpiter e Saturno.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.