O espectáculo A familia papaventos chega este venres ao Son

20 Agosto 2020

A artista Charo Pita estará esta semana en Porto do Son para representar o espectáculo familiar A familia papaventos. A cita será este venres 21 de agosto ás 12.00 do mediodía, na Casa da Cultura de Porto do Son (pola posibilidade de chuvia). Será obrigatorio o uso de máscara de protección e manter a distancias de seguridade cos restantes asistentes.

Trátase dun traballo de Charo Pita cos músicos María Faltri e Jorge Juncal no que interpretan cancións en formato trío. Esas cancións forman parte do libro O país do vento publicado por Charo Pita coa editorial Galaxia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.