Isto vai a peor. Galicia chega a 2.148 casos da Covid-19. 153 novos casos, 42 na área Santiago-Barbanza. Tres vitimas elevan a 631 os mortos

22 Agosto 2020

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.148, deles 1.167 son da área da Coruña, 278 da de Lugo, 195 da de Ourense, 96 da de Pontevedra, 143 da área de Vigo, 172 da de Santiago, e 97 da de Ferrol.

Os casos positivos de COVID-19 detectados no municipio coruñés de Melide relacionados cun grupo de amigos sumaron un novo contaxio e sitúanse en 21 segundo informou a área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Do total de pacientes positivos, 8 están en UCI, 63 en unidades de hospitalización e 2.077 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.815 persoas curadas, rexistrándose 631 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a dúas mulleres de 91 e 89 anos, e un home de 92, todos da área sanitaria da Coruña, e con patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 299.022.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...