Galicia baixa os casos positivos nunha xornada no que se chega a 2.452 activos. Na nosa área suben a 274 positivos, 62 novos

24 Agosto 2020

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que no conxunto de áreas galegas o número de novos casos confirmados é de 146, o que significa que, por primeira vez despois de catro xornadas consecutivas, o número de casos diarios cae por baixo dos 150 casos en Galicia.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.452 deles 1.236 son da área da Coruña, 321 da de Lugo, 212 da de Ourense, 141 da de Pontevedra, 155 da área de Vigo, 274 da de Santiago, e 113 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 70 en unidades de hospitalización e 2.370 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.956 persoas curadas, rexistrándose 633 falecementos. O número de PCR realizadas é de 305.847.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.