Rematado o prazo para a solicitude dos Bonos Concilia CampaVerán, foron 82 as familias que ser acolleron a esta iniciativa impulsada polo Concello co
obxecto de subvencionar e favorecer a asistencia de nenos e nenas a campamentos de verán organizados por catro entidades con sede
no noso municipio .
Dos 82 bonos concedidos, 66 estiveron destinados a familias cuxos dous proxenitores estaban traballando ou ben eran monoparentais (nos que se subvencionaba ata 100 euros ao mes por usuario), en tanto que os 16 restantes foron para outras tipoloxías familiares (ata 50 euros).
Cómpre lembrar que estas axudas estiveron destinadas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, que puideron asistir durante cinco horas diarias de luns a venres aos campamentos organizados por catro empresas do municipio (Globiocio, Golfiño, Ociobros e Fit Sport Natural) en xullo e agosto.
O Concello de Ribeira saca a poxa pública 12 prazas de garaxe e 14 rochos
O Concello de Ribeira sacou a poxa pública 12 prazas de garaxe e 14 rochos (trasteiros). Dita poxa está publicada no perfil de contratante, na sede electrónica do Concello, e máis no taboleiro de anuncios da web do concello. Segundo se explican nas bases, cada...