Falecen unha muller de 85 anos que estaba ingresada no CHUAC e un home de 71 que permanecía hospitalizado no CHUO
O falecemento doutras dúas persoas elevou a 638 as vítimas mortais rexistradas en Galicia no marco da pandemia da COVID-19. Sanidade informa que soben en 155 os casos activos computados en Galicia ata situarse en 3.294, tras subir en todas as áreas sanitarias.
As dúas vitimas da COVID-19 son unha muller de 85 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e un home de 71 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ( CHUO). Ambos tiñan patoloxías previas.
Os datos actualizados este sábado por Sanidade reflicte o aumento de casos activos ata 3.294 –fronte aos 3.139 da pasada xornada–. Do total de pacientes positivos, tamén soben os que están en UCI –pasan de 12 a 15– e en unidades de hospitalización convencional –de 100 a 112–, así como en seguimento domiciliario –aumentan en 140, ao pasar dos 3.027 deste venres a 3.167–.
Dos 3.294 activos, 473 corresponde á área de Santiago , 23 máis que onte, deles. 4 están hospitalizados, tres eno CHUS e un na Rosaleda. Hai 1.894 pacientes curados na área e realzaronse 50.231 PCRS.
Salientar amais que se iniciou o cribado ao profesosado da área sanitaria de Santigo- Barbana, empezando polo profesorado de infantil.
Sanidade informa que desde o inicio da pandemia en Galicia curáronse un total de 12.438 persoas; e o número de PCR realizadas ascende a 327.257.
Do total dos 638 falecementos rexistrados, 280 están vinculados con residencias , 135 usuarios faleceron nos propios centros e 145 en hospitais e residencias integradas.
