“Campañas sen orde nen concerto”. Por Antón Luaces

17 Agosto 2020

O vindeiro día 28 remata a que para moitos mariñeiros que andaron ó mar en augas de Hispanoamérica sería a “zafra” do bonito. Poñerase fin definitivo á campaña marítima “Costera del Bonito del Norte 2020” na que o Ministerio de Agricultura e Pesca realizará as tarefas de vixilancia, inspección e apoio á frota pesqueira española que participa na costeira do bonito. 

Chega o desenvolvemento desta campaña que non facilitou especiais significacións para os participantes na mesma cando xa se ten superado o 90% das 16.200 toneladas establecidas polo MAPA para este ano que xa marca, como marcan os propios bonitos capturados,  as boqueadas dun 2020 sen norte definido porque na pesca, aínda que doa dicilo, todo semella estar sen rumbo para desgraza de cantos tentan vivir dela para, en definitiva, malvivir e permitir que da mesma vivan, coma sempre, aqueles que menos arriscan: os que non mollan no mar o cú.
Como pode o Ministerio afrontar a estas alturas do ano unha campaña que debería ter orientado xa aos que participan nela sobre como se leva a cabo, o resultado das capturas realizadas e mesmo as espectativas que para o ano que ven deixan?. 
O barco patrulleiro P-63 “Adnomendi”, pertencente á Secretaría Xeral de Pesca e operado pola Armada Española, é o encargado de dar apoio ós boniteiros que aínda quedan en alta mar e cuxas evolucións vai seguir. Unha campaña esta, a do patrulleiro español, que se activa cando está a piques de rematar a cota de bonito adxudicada nun ano que no pode definirse como especialmente bo para as flotas galegas -especialmente os barcos de Portosín,  Fisterra, Riveira, Celeiro e Burela-  que, como cada ano, afrontan a costeira con toda a ilusión do mundo sabedores como son os seus armadores e tripulantes de que o bonito, ao igual ca sardiña, o xurelo e a xarda (tamén o bocarte) poden amañar por sí mesmos un ano que nas últimas décadas non se ten amosado moi favorable para os que arriscan a súa propia vida na “zafra”.
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, non da amañado o seu sistema regulatorio da actividade dos seus propios medios, neste caso do que se encarga de controlar as capturas realizadas non só pola frota senon tamén por cada barco participante na campaña. Consecuencia de todo elo son os sobresaltos que se producen cada ano por comunicacións tardías de, por exemplo, sobrepesca que posteriormente han pagar aqueles que a realizan por non ter referentes sobre o devir da mesma.
Aínda hoxe se están a pagar as consecuencias desa falta de asistencia e coidado que se supón debe derivarse do suposto “apoio” do MAPA en evitación de sorpresas que o sector asume porque non lle queda outra que pagar por se ter sobrepasado nas capturas estipuladas.

Outros artigos

“Pereira, la tierra del civismo con aroma a café”. Alberto Barciela

En su maravilloso “Botella al mar para el dios de las palabras”, extraído de “La Jornada”, México, Gabriel García Márquez habla de sabores, del regusto de la vida, de la naturaleza y de lo natural, y se pregunta: “¿Cuántas veces no hemos probado nosotros mismos un...

+

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El sanchismo se rearma”. Arturo Maneiro

“El sanchismo se rearma”. Arturo Maneiro

Mucho antes de que el presidente del Gobierno se atreva asometerse en el Congreso de los Diputados al abierto y durorechazo de sus socios al incremento del gasto en Defensa paracumplir sus compromisos personales con la UE, él ya hacomenzado el rearme en los medios de...