Boiro contará cun festival de arte urbana no mes de setembro

26 Agosto 2020

As concellerías de Cultura e Xuventude do Concello de Boiro organizan, no mes de setembro, un festival de arte urbana con actividades moi diversas
para maiores de 10 anos.
A primeira das actividades que se vai realizar é unha masterclass de creación de música urbana, indicada para idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos. Vai ser a vindeira semana, os días 3 e 4 de setembro con dous
grupos reducidos, un en horario de 10.00 a 12.00 horas e outro de 12.00 a
14.00 horas. Esta actividade vaise realizar na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro.
O sábado día 5 de setembro vanse celebrar uns obradoiros de rap e graffiti na praza de A Boqueira de A Negral, na contorna das pistas de skate.
Os obradoiros van ser ás 18.00 horas. No mesmo espazo, pero o día 11 de
setembro, vanse realizar uns obradoiros de parkour e breakdance. Serán
tamén ás 18.00 horas.
Ese mesmo venres día 11, ás 20.00 horas, vaise realizar un encontro con Sabela Ramil de Operación Triunfo. E, o venres día 18 ás 18.00 horas na praza de A Boqueira de A Negral, vanse realizar uns obradoiros de DJ e
freestyle footbal. Para concluír a programación, o sábado 26 de setembro,
durante todo o día, vaise realizar unha actividade de Escape Room.
As actividades son gratuítas pero as prazas das mesmas son limitadas,
polo que se require inscrición previa para as actividades no enderezo
electrónico educacion@boiro.gal . Debese indicar o nome da persoa
participante, a idade, un teléfono de contacto e a actividade na que se quere
inscribir.

Outros artigos

Todo listo en Boiro para o inicio da gran Cabalgata

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis este luns día 5 de xaneiro. A saída da Comitiva Real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.