Axudas de 30 millóns de euros por suspensión ou redución da actividade pesqueira

12 Agosto 2020

A Delegación do Goberno informa da  convocatoria de axudas por 30 millóns de euros por suspensión ou  redución da actividade pesqueira. Trátase dunha liña de axudas do  Executivo central publicada no BOE de hoxe, polo que mañá abre o prazo  de solicitude, que durará quince días.
 
O obxectivo do Goberno é “facer chegar de forma urxente liquidez” ao 
sector pesqueiro. Por eso, esta liña de axudas conta con “prazos acurtados ao máximo para asegurar a plena eficacia e efictividade da medida” e unha dotación de 30 millóns de euros.

Porto de Ribeira

A Delegación do Goberno destaca o compromiso do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para impulsar esta medida. Trátase dunha iniciativa crucial para Galicia dada a importancia do sector da pesca na Comunidade.
 
Poden optar a estas axudas tanto persoas armadoras de buques 
pesqueiros coma persoas pescadoras que traballaran a bordo dun buque 
pesqueiro español afectado pola paralización. A condición é que houbera unha redución ou suspensión da actividade pesqueira de a lo 
menos dez días consecutivos entre o 16 de marzo e o 31 de maio.
 
Así está regulado no Real Decreto 703/2020, de 28 de xullo, que antecede á publicación de hoxe. Este texto explica que a liña de axudas está cofinanciada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e aborda as contías máximas.
 
No caso das persoas armadoras, esta está determinada por unha serie de 
baremos obxectivos. Para as persoas dedicadas á pesca, a contía máxima 
é de 50 euros por cada día de parada, tendo en conta os días laborables dende o 16 de marzo.
 
Esta medida enmárcase na aposta do Goberno por establecer un escudo  social fronte á COVID-19. É a primeira vez que se aborda unha crisis  con inxección de fondos en lugar de recortes. Vén a complementar  outras medidas previas para combatir á falta de liquidez, como os  ERTE, as axudas para persoas autónomas ou o Ingreso Mínimo Vital.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.