A Xunta prohibe fumar na rúa e nas terrazas desde este xoves

12 Agosto 2020

Unha orde da Consellería de Sanidade publicada no Diario Oficial de Galicia prohibe desde este xoves fumar na vía pública e nas terrazas dos locais de hostalería se non se pode garantir a distancia de seguridade de dous metros. A medida englóbase no paquete de restricións que puxo en marcha o Goberno galego para frear a propagación do coronavirus, coa condición de que se aplicará en toda Galicia e non soamente na área sanitaria da Coruña, actualmente o territorio máis afectado polo Covid-19.
Sanidade especifica que a única excepción ao uso obrigatorio da máscara na vía pública e ao aire libre para fumar será cando poida garantirse a distancia de dous metros de seguridade.

O presidente da Xunta explicou este mércores que os expertos consideran que o fume do tabaco é un factor de difusión” do virus. Algúns dos membros do comité clínico coinciden en que fumar sen limitación nunha terraza con persoas próximas ou en zonas sen distancia é un risco alto de infección.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.