A Marea de Noia tende a man ao Concello para o desbloqueo do pago ás empresas provedoras

18 Agosto 2020

A Marea de Noia vén de compartir a súa vontade de colaborar co Concello para “desbloquear os pagamentos ás empresas provedoras e o uso do remanente”. A decisión de tenderlle a man ao alcalde Santiago Freire por parte da dita agrupación foi tomada logo de que no pasado pleno o Goberno local non puidese sacar adiante o pago por máis de 300.000 euros en facturas sen consignación orzamentaria, debido, lembra a Marea, “aos votos en contra da oposición e á abstención do seu socio de goberno”.

En base a isto, o grupo vén de solicitar unha xuntanza coa alcaldía para avanzar no dito desbloqueo, poñendo o foco na existencia “dunhas bases claras para un acordo”, que teñen que ver, engade, “cun principio claro de transparencia, unha aposta pola conciliación e en prol de romper coa fenda dixital”.

Estes serían os alicerces do diálogo:

1.Remitir mensualmente a relación de facturas rexistradas no Concello ao noso grupo municipal.

2.Modificar as Bases de Execución do Orzamento, o Goberno terá que pedir obrigatoriamente

3 Orzamentos antes de adxudicar unha obra ou servizo maior de 1.500 euros.

3.Dotar con 50.000€ a creación dun Plan de Conciliación Municipal que garanta a prestación de servizos durante o curso escolar e adquisición de tabletas e conexión á Rede.

4.Licitación pública do contrato para o mantemento do alumeado público e de roces.

5.Solicitar as axudas da Deputación da Coruña para empresas.

Outros artigos

Este sábado arrinca en Noia a edición 2026 do concurso Vai de Tapas

Este venres 6 de novembro arrinca finalmente a nova edición do Vai de Tapas Noia, que se celebrará ao longo de toda a fin de semana (ata o domingo 8) dando a coñecer a importante oferta gastronómica da vila en formato miúdo (formato tapa). Serviranse tapas a 3 €, de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.