A conserveira Ignacio González Montes e JB Cao fan doazón de alimentos a 53 familias da nosa comarca

03 Agosto 2020

A Plataforma Stop Deshaucios Barbanza que coordina dende Ribeira o noso colaborador José Manuel Pena vén de poñernos ao tanto dun novo e relevante caso de solidariedade coa poboación máis vulnerábel da nosa comarca, un sector que en moitos casos concretos viu agravada a súa situación coa chegada do Estado de Alarma e o confinamento. As contribucións solidarias ás que alude a plataforma viñeron da man da conserveira ribeirense Ignacio González Montes e máis a empresa compostelá Distribucións JB Cao.
Foron, concretamente, doazóns de produtos alimentarios que, segundo indica Stop Deshaucios Barbanza, xa foron repartidos o pasado venres entre 53 familias vulnerábeis da nosa comarca, principalmente de Ribeira, Boiro e Noia.
Por certo que o labor humanitario da conserveira de Ribeira deixouse notar tamén nos momentos máis críticos da emerxencia sanitaria, co reparto de alimentos, en abril, a outras tantas familias en risco.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.