Xosé Luís Rivas enxalzou o empuxe emprendedor e sustentábel do Parque de Espiñeira

09 Xullo 2020

O candidato pola Coruña do BNG, Xosé Luís Rivas, visitou este mércores 8 de xullo o Parque Empresarial de Espiñeira, en Boiro, onde se comprometeu a apoiar o emprendemento e a produción industrial no caso de que o Bloque consiga chegar á Presidencia do Goberno autonómico nesta eleccións do 12 de xullo. Rivas estivo acompañado da portavoz municipal en Boiro, Raquel Suárez e o candidato, Xosé Deira.

Na súa estadía no polígono boirense mantiveron un encontro cos representantes da directiva do parque que lles trasladaron as súas demandas. Rivas certificou a súa intención de apoiar o sector produtivo dende múltiples frontes, apostando tamén pola sustentabilidade e pola posta en marcha de viveiros de empresas diversas, competitivas e “que non colidan co medio ambiente”.

O candidato nacionalista percorreu, entre outras, as instalacións da empresa Rotogal de deseño e fabricación de contedores isotérmicos e palés baixo a técnica do rotomoldeo. A empresa, que dá traballo a 200 persoas e exporta produtos a diferentes lugares de Europa e América, mostrou ante a comitiva do BNG os seus avances en fabricación de maias de algodón para a froita utilizando como materia prima a viscosa, de orixe vexetal, biodegradábel e posterior compostaxe.

Rivas reafirmou o compromiso da agrupación nacionalista co impulso industrial e considerou que o Parque de Espiñeira é “un exemplo da creación de empresas con produción diversificada e compromiso co emprego”. O candidato trasladou aos directivos do parque a súa intención de continuar cos encontros co fin de buscar alternativas aos diferentes problemas derivados da actividade empresarial así como aumentar as axudas ao emprendemento e a produción de elementos que respecten o medio ambiente.

Outros artigos

Ribeira celebrou unha multitudinaria misa en honra de Santa Uxía

A veciñanza da cidade correspondeu coa súa multitudinaria presenza na misa na honra da Santa Uxía que ás 12 do mediodía de hoxe ocupou por completo o adro da igrexa e a praza da Porta do Sol nun recinto disposto con cadeiras para cumprir coa normativa anticovid. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

Hay un programa en la tv, de cita a ciegas, lo veo, desde mi afición al conocimiento humano y a la sociología, desde, cuando conocí a Amado de Miguel. Hay una pregunta para mi extraña, la que las chicas hacen a los chicos, ¿Y tú cuantas veces puedes hacer el amor en...

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

Además de a Rianxo, Boiro, A Pobra y Ribeira, el agua del Ulla llega a Padrón, Dodro, Catoira, Valga y Pontecesures, y también está conectado Vilagarcía. En total, cerca de 150.000 personas las que se abastecen de una red que actualmente presenta algunas dificultades...