Formalizada a renuncia de Manuel Velo no pleno de marzo do Concello de Boiro

12 Marzo 2021

O Concello de Boiro celebrou este 11 de marzo a sesión plenaria do mes de marzo. Celebrouse unha vez máis de xeito telemático e retransmitiuse a través do Youtube do Concello de Boiro. A sesión contou coa ausencia da concelleira do Partido Popular, Beatriz Deus, e de Manuel Velo, portavoz de IC Boiro, do que se dou conta da súa renuncia como concelleiro nada máis abrirse o pleno, unha toma de coñecemento de renuncia á que seguiu a incorporación oficial de Raúl Romero Treus como concelleiro. A continuación, aprobouse (cos votos a favor de PP, PSOE, BNG e Ciudadanos e unha abstención de Boiro Novo) a declaración de “especial interese e utilidade municipal” do proxecto para facer unha nave industrial no Polígono de Espiñeira, con bonificación do ICIO.

Estes foron os demais acordos:

-Moción do grupo municipal de Boiro Novo/Mixto para a constitución dunha mesa local de coordinación interinstitucional fronte á violencia machista – aprobado por unanimidade (15 votos a favor).

-Moción do grupo municipal de Boiro Novo/Mixto en relación co cumprimento das obras pendentes en Sandrenzo e Fontecoba – aprobado con 10 votos a favor (PP/ BNG/ Boiro Novo/ Ciudadanos) e 5 en contra (PSOE).

-Moción presentada polo grupo de Boiro Novo/Mixto para prover de axudas a deportistas boirenses vencellados ao mundo do motor – aprobado por unanimidade (15 votos a favor).

-Moción do grupo municipal do PSdG-PSOE relativa á sanidade – aprobado con 8 votos a favor (PSOE/ BNG/ Boiro Novo) e 7 en contra (PP/ Ciudadanos).

-Moción do grupo municipal do PSdG-PSOE pedindo ao goberno galego a reversión da titularidade dos terreos portuarios aos Concellos, cando o seu uso para fins relacionados co porto sexa residual ou inexistente – aprobado con 14 votos a favor (PP/ PSOE/ BNG/ Boiro Novo) e 1 abstención (Ciudadanos).

-Moción da plataforma en defensa da sanidade pública do Barbanza – aprobada con 8 votos a favor (PSOE/ BNG/ Boiro Novo), 6 en contra (PP) e 1 abstención (Ciudadanos).

-Moción do grupo municipal do PP para a adopción de medidas económicas e sociais en defensa dos autónomos e PEMES afectados polas restricións impostas pola crise sanitaria da COVID-19 – aprobado con 9 votos a favor (PP/ BNG/ Boiro Novo), 5 en contra (PSOE) e 1 abstención (Ciudadanos).

-Moción do BNG sobre a lingua galega – aprobado con 9 votos a favor (PSOE/ BNG/ Boiro Novo/ Ciudadanos) e 6 en contra (PP).

-Moción do grupo municipal do PP para a creación dun Fondo de Cooperación Galego COVID-19 – aprobado con 6 votos a favor (PP), 5 en contra (PSOE) e 4 abstencións (BNG/ Boiro Novo/ Ciudadanos).

Outros artigos

Ribeira celebrou unha multitudinaria misa en honra de Santa Uxía

A veciñanza da cidade correspondeu coa súa multitudinaria presenza na misa na honra da Santa Uxía que ás 12 do mediodía de hoxe ocupou por completo o adro da igrexa e a praza da Porta do Sol nun recinto disposto con cadeiras para cumprir coa normativa anticovid. A...

+

Escrutado o 100% , PP 41, BNG 19 e Psoe 15. Resultados provinciais

ELECCIONS AUTONÓMICAS GALICIA 2020 Eleccións Autonómicas 2020 Galicia A CORUÑA A Coruña Eleccións Autonómicas 2020 LUGO Lugo Eleccións Autonómicas 2020 OURENSE Ourense Eleccións Autonómicas 2020 PONTEVEDRA Pontevedra Eleccións Autonómicas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.