O PP de Ribeira espera recuperala maioría local tralos resultados do pasado domingo

16 Xullo 2020

A sede local do Partido Popular en Riveira acolleu unha reunión de balance das últimas eleccións autonómicas celebradas o pasado domingo.
Ante unha trintena de persoas entre interventores, apoderados, afiliados e
simpatizantes (todos eles, coas pertinentes medidas preventivas contra o covid), Manolo Ruiz realizou unha análise dos resultados obtidos, nos que o PP superou unha vez máis o 50% do total dos votos, e manifestou que os datos dan esperanzas á formación no reto de recuperar a maioría absoluta nos comicios locais do 2023.
Neste sentido, o mandatario animou aos presentes a traballar dende xa para acadar este obxectivo, no que será fundamental diminuír a elevada abstención rexistrada (50,71%), que só foi superada por outros tres municipios (Cervantes, Arteixo e Narón).
Ruiz Rivas alabou o liderato demostrado unha vez máis por Alberto Núñez
Feijóo e incidiu na desconexión de Pedro Sánchez e Pablo Iglesias cos
verdadeiros problemas que preocupan aos galegos. “Somos o partido que máis se parece a Galicia”, declarou.

Xuntanza do Pp de Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.