Ribeira celebrou unha multitudinaria misa en honra de Santa Uxía

12 Setembro 2021

A veciñanza da cidade correspondeu coa súa multitudinaria presenza na misa na honra da Santa Uxía que ás 12 do mediodía de hoxe ocupou por completo o adro da igrexa e a praza da Porta do Sol nun recinto disposto con cadeiras para cumprir coa normativa anticovid.


A cerimonia estivo oficiada polo cura párroco Alfonso Mera e contou coa presenza do alcalde Manuel Ruiz, outros membros da Corporación Municipal e outros persoeiros da localidade.

Ao remate, a Banda de Música de Lousame ofreceu un concerto no propio adro, en tanto que a programación polas festas de Santa Uxía concluíu ás 13 horas coa actuación de Rockolas na praza de Compostela dentro da programación das Rúas Musicais Mikel Erentxun


Un dos eventos máis acardados foron os concertos acústicos que Miguel Erentxun e Monoulious DOP deron no paseo do Malecón, que encheron por completo as 350 cadeiras colocadas ademais das terrazas da contorna ata reunir arredor de 700 espectadores. Igual de exitosa foi a I Ruada do Traxe Galego Aires de Dorna que organizou na tarde de onte a Asociación de Amas de Casa de Ribeira como un xeito de reivindicar e poñer en valor a nosa vestimenta tradicional.


O espectaculo “Abracadaver” desenvolvido por asSircópatas e o concerto de Davide Salvado, Fransy González e Cibrán Seixo —ambos na noite do venres– doron outras propostas que contribuíron a redondear a programación conmemorativa da patroa da cidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.