Toxo Telecom rebenta a Rede cunha nova web cen por cen “do país”

22 Xullo 2020

Toxo Telecom, a operadora de Ribeira, dende onde subministra fibra, móbil, TV e telefonía fixa, está estes días de estrea, presentando ante usuarios reais e potenciais a súa nova páxina web, www.toxotelecom.gal. Trátase dun coidado servizo de información e comunicación cuxa posta en marcha foi, en palabras dos responsábeis de Toxo, “un dos grandes acontecementos da empresa neste 2020”, que, ademais, vén co engadido extra de ser un produto cen por cen galego. A web, de feito, foi deseñada na nosa lingua, desenvolvida en Ribeira (polo equipo da cooperativa local ctBarbanza), concibida co dominio .gal e está aloxada en Santiago de Compostela. Ou sexa, máis nosa imposíbel.

A páxina foi moi ben recibida polos usuarios de Toxo, non só pola súa importante “galeguidade”, senón tamén pola utilidade, a sinxeleza e a claridade dos seus recursos, que se artellan en catro puntos fundamentais (fibra, móbil, TV e contacto) e que se complementan con información detallada e directa das diferentes modalidades de contrato que se ofrecen, moitas delas de gran interese (como por exemplo a oferta lanzada este 17 de xullo que combina fibra de 100 Mbps, máis fixo con chamadas ilimitadas a fixos e 60 minutos a móbiles, máis TV con TDT á carta e máis móbil con 3GB e chamadas ilimitadas por 38,95 euros ao mes). Por certo que a web tamén ofrece versión en castelán.

Outros artigos

Ribeira convoca ao voluntariado para limpar a praia de Coroso

Este venres 25 de abril, a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, e máis o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, anunciaron que o vindeiro sábado 3 de maio, a partir das doce na praia de Coroso e á altura da Escola Oficial Náutico Pesqueira, procederase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...