The Soul Brothers, segunda confirmación do ciclo Paisaxes Sonoras, actuarán o 8 de agosto en punta Cabío (A Pobra)

23 Xullo 2020

O ciclo Paisaxes Sonoras, impulsado pola Mancomunidade Barbanza-Arousa, deu a coñecer este xoves 23 a segunda confirmación do programa, logo da primeira (a actuación de Carlos Blanco no Pazo de Rianxiño, da que informamos os días pasados en O Barbanza). Estamos a falar do concerto que vai ter lugar en punta Cabío, na Pobra o día 8 de agosto, e que será unha boa oportunidade para experimentar o poder da música para mellorar, amplificar e diversificar os puntos de vista cos que desfrutamos da paisaxe, a identidade, a cultura e a tradición da nosa comarca (o obxectivo de Paisaxes Sonoras). Actuarán The Soul Brothers (Juan Zelada e Julián Maeso).

As entradas xa están a venda en Eventbrite. O custo das entradas dobres é de 6 euros máis gastos e das individuais 3 euros máis gastos. O ciclo, como dixemos, está promovido pola Mancomunidade Barbanza-Arousa coa colaboración da Xunta de Galicia e os concellos de A Pobra, Rianxo, Ribeira e Boiro.

O ciclo

As paisaxes do Barbanza-Arousa converteranse en escenarios emblemáticos que acollerán música e narración oral. Paisaxes Sonoras nace coa intención de poñer en valor a riqueza da contorna buscando a asociación de cultura, identidade e patrimonio como reforzo do noso acervo. Así, as catro localizacións onde terán lugar as diferentes manifestacións artísticas (sendo punta Cabío unha delas), non pertencen ao circuíto turístico máis recoñecido, senón que se caracterizan por estar vencelladas á poboación de xeito máis transversal. Así mesmo, as actividades terán lugar a plena luz do día para contribuír ao fortalecemento do imaxinario co legado patrimonial.

O aforamento

Para cada concerto habilitarase un aforo máximo de 50 persoas, constituído por 23 entradas dobres, reservadas para unidades familiares ou de convivencia, e 4 entradas individuais. A exclusividade do aforo basease tanto nas medidas de seguridade sanitaria contempladas nesta etapa postCOVID-19 como no respecto á integridade das localizacións escollidas. Trátase de “vivir unha experiencia única que conxugue o desfrute do entorno e da proposta artística, explican dende a Mancomunidade.

O artista: The Soul Brothers

Dous dos máis grandes músicos del soul e rock nacional, Juan Zelada e Julián Maeso, únense por primeira vez no proxecto The Soul Brothers no que interpretarán temas propios e versións de grandes clásicos “nun espectáculo único e especial”, explica a Mancomunidade.

A cita

The Soul Brothers & Punta de Cabío | 8 de agosto

Apertura de portas: 19.00 h

Comezo do espectáculo: 20.00 h

Entradas á venda en Eventbrite

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.