A Rede de Dinamización Lingüística trae ao municipio ribeirense unha nova proposta, enmarcada na campaña a prol do uso da lingua galega 2020: a representación da obra “Bicos con lingua” de Talía Teatro.
Acción: “Bicos con lingua”. Talía Teatro
Promove: Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, á
que pertence o concello.
Data: 27 de xullo, luns Hora: 20.30 h
Lugar: Zona portuaria (fronte ao Benboa). Corrubedo
Bicos con lingua é un espectáculo en clave de comedia no que a través de diversas situación cotiás invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega.Nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega. Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, nada máis lonxe da nosa intención, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante. Así,
pretendemos que esta montaxe supoña para o espectador unha experiencia de redescobremento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza, a pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío.