Tarabela Creativa reivindicou no Lavadoiro de Bao (Boiro) o oficio das costureiras

15 Xullo 2020

Un Lavadoiro de Bao acondicionado para acoller a distancia social e garantir a máxima seguridade sanitaria acolleu este martes 14 de xullo o espectáculo Costureiras de Tarabela Creativa, iniciativa inserida no programa Verán Cultural 2020, impulsado pola Concellería de Cultura de Boiro. Costureiras, o primeiro dos espectáculos de narración oral que se realiza no Lavadoiro de Bao, veu da man das actrices Ángeles Goás e Caxoto e é un diálogo a dúas bandas, de case unha hora e media de duración, que narra como era a vida das costureiras.

O espectáculo foi unha boa ocasión para rir e, tamén, para reflexionar na importancia de conservar viva a voz das mulleres que mantiveron activos e vixentes os oficios tradicionais que, á súa vez, fóronlles legados polas súas nais, tías e avoas, adobiados e ilustrados con contos e historias que pasan de xeración en xeración, historias que as avoas contaban ás netas mentres cosían e que en Boiro, na cita con Tarabela Creativa, foron recreadas ao detalle.

Co programa do que formou parte este espectáculo, o Concello de Boiro busca fomentar a cultura no municipio tras a crise da COVID-19 con espectáculos en pequeno formato e aforamento reducido, mantendo as medidas de seguridade esixidas: espectáculos para todos os públicos e que está previsto que se desenvolvan, ao longo do verán, en distintos escenarios do municipio.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.