Suben os casos da Covid-19. En Galicia hai 21 novos e en Santiago-Barbanza 2 mais

26 Xullo 2020

O coronavirus rebrota en Galicia. Os últimos datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade elevan de 196 a 217 o número de casos activos rexistrados na comunidade este domingo.

Trátase de 21 novos positivos o que provocou que os hospitais galegos xa conten cun total de 11 persoas ingresadas por coronavirus. A estas once persoas súmase outra paciente da área de Vigo que permanece na unidade de coidados intensivos.

O número de positivos por coronavirus acumula tres días á alza na comunidade e se sitúa a niveis de fai dez días. Desde o pasado xoves tocase mínimos con 163 casos detectados.

A maior parte dos positivos confirmados por PCR correspóndense á área de Lugo, con 85 positivos, debido ao rebrote sufrido na Mariña Lucense, que agora regresou ao completo á nova normalidade tras o descenso no número de casos. A Lugo séguenlle A Coruña (59 casos, dos cales 20 son xogadores do Fuenlabrada), Vigo (35), Pontevedra (19), Santiago (13) e Ourense (6). Ferrol, pola contra, permanece como a única área libre de Covid-19 en Galicia.

Na área sanitaria Santiago-Barbanza hai 13 casos activos, 1.777 pacientes curados e realizaronse 36.084.

Outros artigos

Extinguidos os incendios forestais de Lousame e Boiro

A Consellería do Medio Rural informou que o incendio forestal do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, quedouextinguido ás 12.06 horas de hoxe. Tamén foi extinguido finalmente o de Boiro, a media tarde. Polo que respecta ao de Tállara, iniciouse ás 5.34...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.