Ricardo Morado: “No Barbanza existen múltiples puntos fortes para dinamizar o emprego”

06 Xullo 2020

Dende Vox apostan por coidar e impulsar os sectores nos que Barbanza destaca dende hai séculos (o mar, o marisqueo, o agro) e, tamén, por poñer en marcha iniciativas que garantan un emprego digno para a cidadanía, que é, sinala Ricardo Morado, “o mellor escudo social”.

-Dende O Barbanza interésanos moito, e aos nosos lectores tamén, coñecer os plans xenéricos do seu partido para a comarca en relación ás vindeiras eleccións autonómicas, convocadas finalmente este verán. Cales son os plans a nivel comarcal? E a nivel provincial?

-En Vox dámoslle prioridade absoluta ao mundo rural e ás actividades que nel desenvólvense. Hai moito traballo por facer na provincia, especialmente en zonas como o Barbanza, nas que o desemprego e a falta de oportunidades fixo que o despoboamento se convertise nun dos principais problemas. As nosas propostas van dirixidas a potenciar as posibilidades e os recursos que estas comarcas ofrecen. Farémolo promocionando o desenvolvemento económico das zonas rurais, a través de bonificacións fiscais para actividades nestas zonas. Farémolo reducindo cargas sobre o gasóleo agrícola e deseñando plans provinciais de cobertura dos servizos públicos; velando pola implementación dun verdadeiro plan de infraestruturas e un verdadeiro plan dixital rural.

-Estamos a vivir tempos complexos dende moitos puntos de vista, non só sanitarios senón tamén económicos, sociais, culturais, etc. Esta situación ten que influír por forza nos programas dos partidos. Cal sería a proposta da súa agrupación para contrarrestar, nos nosos concellos, os efectos da chamada COVID-19?

-En Vox entendemos que a situación sobrevinda polos efectos do virus fai necesaria a adopción de medidas que dinamicen as actividades o máis pronto posible. A defensa do mundo rural e a pesca xogarán un papel fundamental neste escenario no Barbanza. Facilitar e simplificar os trámites para o emprendemento na zona, así como tamén reducir cargas fiscais das actividades que levan a cabo na comarca, sen dúbida, son dúas propostas fundamentais para conseguilo.

Cales son, a nivel económico, os puntos portes dos nosos concellos para paliar os efectos da pandemia, o parón produtivo e o desemprego? Por que sectores habería que actuar de inmediato? O mar? As renovábeis? As novas tecnoloxías? Ou turismo? A cultura?

-Nesta zona existen múltiples puntos fortes que activar para dinamizar o emprego. Sen dúbida, é fundamental incidir na importancia do sector pesqueiro como fonte de riqueza, así como en todas as actividades económicas relacionadas co mar. Non podemos permitirnos máis deslocalizacións nin máis peches e en Vox témolo claro.

O paro medrou en Barbanza e noutras moitas comarcas galegas. Que facer para poñerlle freo?

-O paro é froito da falta dunha estrutura industrial e do pouco ou nulo apoio que teñen as actividades primarias; non só nesta zona, senón en toda Galicia. Hai que investir en emprendemento, facilitándoo, e cómpre facer atractivo o medio rural a través de vantaxes fiscais. Temos que ofrecer posibilidades e facilidades ás empresas para que se sitúen nestas zonas, en lugar de todo tipo de trabas administrativas, que só conseguen que as empresas busquen outros lugares nos que establecerse.

-As organizacións tamén advirten dun incremento dos desafiuzamentos e da xente sen fogar. Cal sería a súa proposta para loitar contra esta secuela?

A mellor maneira de loitar contra esa secuela é, como lle dicía na pregunta anterior, dando a batalla na consecución do emprego. Non hai nada que dignifique máis que ter un posto de traballo co que manter á túa familia, diso estamos seguros en Vox, máis aló de pagas mínimas vitais e de supostos “escudos sociais”. O mellor escudo social é ter un emprego.

-Que bota en falta vostede nas actuais estratexias políticas autonómicas e locais?

-Proximidade. Eu, que veño da empresa privada, que non son político, non deixo de escoitar como os políticos nos din como temos que vivir, como temos que falar e que é o que temos que facer, en lugar de escoitar á xente e tratar de solucionar os seus problemas. Os chans de moqueta fan moito dano á cidadanía e Vox chegou para cambiar iso.

Outros artigos

Ribeira celebrou unha multitudinaria misa en honra de Santa Uxía

A veciñanza da cidade correspondeu coa súa multitudinaria presenza na misa na honra da Santa Uxía que ás 12 do mediodía de hoxe ocupou por completo o adro da igrexa e a praza da Porta do Sol nun recinto disposto con cadeiras para cumprir coa normativa anticovid. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...