Ribeira recorta o horario do lecer nocturno

30 Xullo 2020

O Concello de Ribeira decidiu tomar medidas ante os desmáns rexistrados nas últimas fins de semana nalgúns puntos da movida da localidade. Tras unha reunión mantida con responsables do lecer nocturno optouse por recortar os horarios de peche dos mesmos adaptándoos en exclusiva aos que permite cada unha das súas licenzas.

Aqueles negocios con licenza de pub deberán estar pechados ás catro da mañá e non ás catro e media como se lles permitía ata o de agora. O mesmo ocorre cos bares e cafeterías, que deberán adaptarse ao seu horario en terraza ás dúas e media e ás tres ter o local totalmente desaloxado.

A Policía Local aumentará, co apoio do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal ( GAEM) o control nas zonas de lecer nocturno co obxectivo de disuadir ou reducir posibles actuacións irresponsables.

O Concello pide responsabilidade á hostalería local e advirte que no caso de que estas medidas non fornezan o efecto desexado levarán a cabo outras máis contundentes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.