A Creba homenaxea en Ribeira a Luísa Villalta no marco da celebración das Letras Galegas

15 Maio 2024

A Asociación Saúde Mental A Creba, entidade inclusiva con actividade na comarca do Barbanza, realizou este mércores unha homenaxe a Luísa Villalta, poeta coruñesa homenaxeada este ano con motivo do Día das Letras Galegas (este venres 17 de maio).

A entidade realizou esta iniciativa buscando implicar o máximo posíbel á comunidade da Creba na actividade cultural deste mes de maio e na celebración dunha lingua, o galego, que é o idioma vehicular da actividade da Creba e de boa parte das e dos seus integrantes.

Eran as 12:00 horas, cando no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira arrancaba unha lectura de poemas, da autora coruñesa homenaxeada pola RAG este 2024, a cargo dos usuarios e usuarias das entidade. Rosa, Lucas, Ramón, Verónica, Iván, Miriam, Xoán, Sesé, Iván e Carlos encargáronse de poñer voz a distintos poemas de Luísa Villalta. O acto foi conducido por Francisco Javier Gómez González, traballador social de A Creba e incluso se uniu a recitar Ali Padín, técnica de Normalización Lingüística do Concello, para pechar o recital, Alba Blanco Allo, educadora social da entidade, cantou Negra Sombra, o que deixou ao público abraiado.

O broche final foi a cargo de Isabel Fernández Lema, secretaria de A Creba, que dixo sentirse “moi orgullosa” de colaborar e formar parte da xunta directiva, “adicando o meu tempo a asociacións como esta”. Felicitou ás usuarias e usuarios polo seu traballo nesta semana das Letras Galegas e destacou que o colectivo de saúde mental comparte os valores de Luísa Villalta, que son “os de humanidade e defender ás persoas máis débiles e vulnerábeis”.

Finalmente Antía Alberte, concelleira de Cultura; Francisco Suárez-Puerta, segundo tenente de alcalde e Cruz Rivadulla, concelleira de Educación, Igualdade e Diversidade, sinalaron que “este é moi probábel que sexa un dos actos máis importantes que se van celebrar estes días, debido a ser protagonista un colectivo ao que tan poucas veces se lle dá visibilidade”. Os/as edís sumáronse a recitar uns versos e comprometeron a colaboración do Concello coa Creba, que sempre “terán a porta aberta e apoiarán sempre que poidan, aínda que a situación económica actual non é a que desexemos”, sinalaron.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.