
O rexedeor de Ribeira, Luís Pérez Barral, saíu ao paso das declaracións do PP recollidas este luns sobre a xestión feita para arranxar o acceso e o aparcamento na praia de O Vilar.
O alcalde indicou que o Concello xa tramitou hai dous meses unha solicitude neste sentido e nun escrito remitido a Patrimonio Natural pideuse, a adecuación do estacionamento das dunas, notificando amais danos nas pasarelas, con risco de caídas nalgúns tramos.


