Ribeira inicia o luns 13 o 2º curso online “Ribeira2 Academy” a toda a poboación

12 Xullo 2020

O Concello de Ribeira informa de que a partir do vindeiro luns 13 de xullo calquera veciño ou veciña do municipio maior de 16 anos ten a posibilidade de realizar algún dos cursos online gratuítos da segunda quenda do plan RibeiraAcademy: formación por Internet en 500 especialidades posibles coafin de adquirir novos coñecementos e habilidades que nos permitanestar mellor preparados para os retos da sociedade da información eante ameazas como a crise do covid-19 .

Cómpre lembrar que, inicialmente, estes segundos cursos estaban dirixidos especificamente a persoas autónomas, afectadas por ERTES ou desempregadas por mor do estado de alarma. Ao quedar prazas vacantes decidiuse ampliar esta oferta a toda acidadanía. Hai once áreas de coñecemento: comercio e marketing,edificación e obra civil, administración e xestión, hostalería e turismo,seguridade e medio ambiente, informática e comunicacións,prevención de riscos laborais, sanidade, idiomas, servizossocioculturais e á comunidade, e artes gráficas.As persoas interesadas poderán anotarse de balde a través da web www.ribeira2.academy a partir da medianoite do luns 13 de xullo. O prazo de inscrición conclúe o 31 de xullo .Quen finalice a formación con resultado positivo recibirá un diploma acreditativo.

Ribeira2.acaddemy

Outros artigos

Clamor en Aguiño para esixir a cobertura das prazas médicas

As rúas de Aguiño enchéronse de veciños para reclamar a cobertura "inmediata e permanente" das dúas prazas de medicina familiar no centro de saúde. Cidadáns, representantes políticos e integrantes da plataforma sanitaria uníronse nunha marcha que partiu desde o propio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Obrigacións e dereitos”. Luís Celeiro

“Obrigacións e dereitos”. Luís Celeiro

Era un gusto falar con el e escoitalo falar, ata que chegaba a hora de pagar. Despois devarios anos, todos esperaban todos os días a que pagara el, pero nunca acontecía o milagre.Era agarrado, un cotroso e conicho como son os coreños. Na taberna pedía do mellor,...