Pontón mobilizou o “voto inconformista” dende Ribeira

06 Xullo 2020

Este domingo pola tardiña Ana Pontón estivo en Ribeira para presentar ante a cidadanía as súas propostas relativas aos comicios autonómicos deste domingo, poñendo o foco nos principais retos da nosa comarca e nos proxectos que poría en práctica o seu partido para afrontalos no caso de chegar ao goberno.

En Ribeira, a candidata pediu “unha gran mobilización nas urnas de todas as persoas que queren abrir un tempo novo en Galiza e facer historia para que, por primeira vez, este país teña unha muller presidenta liderando un goberno coas mans libres para facer valer os intereses deste país e da súa xente”.

Pontón tamén fixo un chamamento a superar a lousa dos inquéritos electorais, que, dende semanas e meses, coinciden en que en resultado será unha ampla maioría absoluta para o PP: “Hai partido e saímos a ganalo, entre todos e todas seremos capaces de derrotar as enquisas, de derrotar á dereita de Feixóo candidato, se nos mobilizamos este 12 de xullo”, declarou convencida.

Respecto das cuestións locais máis directamente relacionadas coa realidade socioeconómica de Ribeira e O Barbanza, a candidata salientou que “Galiza é unha potencia pesqueira e que, se ten o apoio dos e das galegas para liderar o país, este sector será unha prioridade estratéxica dun goberno do BNG, empezando por poñer fin ao dislate de que as grandes decisións sobre o noso mar e a nosa costa se tomen desde un despacho de Madrid”. Por contra, destacou a vontade de exercer as competencias sobre o litoral galego, impulsar o saneamento integral da rías, mellorar a cadea de comercialización dos produtos do mar para xerar máis valor engadido destacando a orixe do produto na venda ao consumidor.

No terreo das competencias, o BNG defende “a transferencia da competencia sobre navegación marítima, inspección de buques e salvamento así como e dos portos de interese xeral”. Tamén avanzou como liñas de traballo conseguir un reparto de cotas que “deixe de discriminar á frota galega”, reivindicar a supresión do “obsoleto” principio de estabilidade relativa, para que o actual sistema de cotas dea paso a outro que garanta a actividade económica e do emprego: “Somos unha potencia pesqueira e o meu compromiso é que liderar un goberno aliado dun sector que xera miles de empregos”, concluíu.

Outros artigos

Ribeira celebrou unha multitudinaria misa en honra de Santa Uxía

A veciñanza da cidade correspondeu coa súa multitudinaria presenza na misa na honra da Santa Uxía que ás 12 do mediodía de hoxe ocupou por completo o adro da igrexa e a praza da Porta do Sol nun recinto disposto con cadeiras para cumprir coa normativa anticovid. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...