“Pandemia, hostalería e confrarías ao garete”. Por Antón Luaces

08 Xullo 2020

Non é este un tempo axeitado para as confrarías de pescadores galegas. Tampouco o é para un servizo de tanta importancia económica e social para esta Comunidade Autónoma como a hostelería, tantas veces refuxio da xente do mar e non só por causa do que agora coñecemos como cicloxénese explosiva e que, vai anos, reunía os mariñeiros de Riveira nos mentireiros de Padín e o fielato para contar as súas batallas da cada día.
Protagonista na actualidade da problemática pesqueira é a COVID-19, pandemia que fai que o que se pesca non teña valor ningún porque, sobre todo, bares e hostelería en xeral non acadaron aínda -e posiblemente tarden moito en recuperar o ritmo cotián- os niveis de consumo anteriores ao mes de ,marzo pasado, cando se decretou o confinamento cidadán.
Os barcos, polo tanto, saen a pescar, pescan e venden na lonxa a como lles paguen: uns céntimos por quilo de sardiña. bocarte, etc., para que os usuarios dos mercados muncipais e as grandes superficies paguen a catro, cinco ou seis euros ese mesmo quilo polo que eles, os tripulantes dos barcos, van repartirse os céntimos que antes lles aboaron na lonxa. Un peixe polo que, previsiblemente, cobrarían máis se o levasen para as fábricas de fariña. Deste xeito, os barcos non gañan, os mariñeiros tampouco, e os clientes de bares e restaurantes deixan pasar o tempo ata o punto de que en moitos bares xa nen siquera compran os xornais do día para a clientela non “consuma” letra impresa no canto de café, un chiquito ou unha cervexa. Perde todo deus. Gaña o coronavirus.
Mais perden tamén, e de que xeito, as confrarías de pescadores, que teñen a moitos dos seus traballadores metidos en procesos de ERTE ou directamente no paro (se teñen sorte). Todos ó garete e á espreita desas axudas comprometidas pola Unión Europea e a Xunta de Galicia, como último recurso para paliar unha situación nunca vivida ata o de agora e por un tan longo período de tempo.
 A pandemia de coronavirus está causando enormes estragos no sector pesqueiro. E este é fundamental para moitas vilas e pobos de Galicia, que teñen na pesca a súa principal fonte de ingresos económicos. Semella propio da inconsciencia que aqueles que non poden vivir sen os ingresos procedentes da pesca, esquezan que da resposta que dean en terra á inactividade forzada depende moito máis do que parece a posibilidade da recuperación. 
Cousa dun tapabocas?.. Pode ser. 

Antón Luaces

Outros artigos

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.