Os socialistas de Ribeira requiren a instalación de bancos na nova parada de taxis

21 Xullo 2020

Os socialistas de Ribeira, a través do seu concelleiro-portavoz José Vilas, presentaron estes días unha moción para ser tratada en Pleno relativa ao novo emprazamento da parada de taxis na rúa Otero Pedrayo. Segundo fai saber a agrupación, é preciso acondicionar a nova parada cunha pequena dotación de servizos e con mobiliario urbano axeitado.

Esta petición, que segundo lembran responden a requirimentos directos da cidadanía e do colectivo local de taxistas, concretaríase na colocación de dous bancos que referencien e sitúen o servizo e que posibiliten o descanso das persoas usuarias.

En concreto, os socialistas requiren que dende o Concello se valore a posibilidade de instalar este mobiliario urbano na esquina das rúas Otero Pedrayo con Fernańdez Bermúdez, e outro na illeta (á sombra do loureiro) da rúa Otero Pedrayo, ao que habería que engadir dúas papeleiras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión