Os nosos alcaldes puxéronse as botas para volver á orixe do camiño xacobeo no Barbanza

31 Xullo 2020

Adolfo Muíños, Manuel Ruíz, José Ramón Romero e Xosé Lois Piñeiro poñendo unha placa conmemorativa en Corrubedo

Esta semana desenvolvéronse na comarca, en dirección ao inicio da nosa ruta marítima xacobea (Corrubedo), os diferentes treitos da peregrinaxe impulsada pola Mancomunidade Barbanza-Arousa e a Asociación Amigos do Camiño do Barbanza e Sar – A Orixe. O obxectivo da experiencia, na que participaron os integrantes do colectivo La Luz del Camino e os nosos alcaldes (amais doutros representantes dos concellos que conforman a Mancomunidade Barbanza-Arousa: Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira), foi reivindicar e visualizar o itinerario xacobeo local: o Camiño A Orixe (unha viaxe ao punto de partida desta peregrinación milenaria).

As andainas comezaron o 28 de xullo en Isorna, na compaña do rexedor rianxeiro Adolfo Muíños, e incluíron tres xornadas de percorrido, marcadas polo tributo ás vítimas da COVID-19: o itinerario da Mochila Viaxeira foi, en si mesmo, unha homenaxe aos que non puideron superar a pandemia.

José Ramón Romero “Martiño” e a concelleira Marisa Collazo.

Na segunda camiñada, comprendida entre Cespón e O Xobre, a andaina contou coa presenza do alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a seguinte, a comprendida entre O Xobre e Corrubedo, foi acompañada de Xosé Lois Piñeiro, alcalde da Pobra, e Manuel Ruíz, rexedor de Ribeira. Nesta xornada do 30 de xullo os integrantes da expedición culminaron a etapa, en Corrubedo, realizando un acto conmemorativo desta primeira peregrinaxe.

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, participando no arrinque das andainas en Isorna

Camiño A Orixe e o destino Barbanza Arousa

Este camiño de peregrinación é o único que volve sobre os pasos que realizou o sepulcro co corpo do Apóstolo, segundo informa a devandita asociación, que recalca que se tratada da “orixe de tódolos camiños, esa orixe que todo ser humano anhela descubrir”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

Segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, España acadou no recente Consello de Ministros da UE bos resultados no Atlántico e Mediterráneo, de xeito que asegura a viabilidade dos 570 barcos que faenan no Mediterráneo e, no Atlántico, tamén "bos...

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...