Tráfico vén de facer balance da actividade rexistrada nas vías estatais durante a emerxencia sanitaria, un informe técnico que pon o foco nas comunidades, incluída a nosa, e que confirma cos seus números e datos o que xa se supuña: que durante o Estado de Alarma boa parte das estradas da nosa terra ofreceron un panorama drasticamente diferente do que había antes do confinamento. En termos máis concretos, o volume de tráfico descendeu nesas semanas unha media do 83% entre o 30 de marzo e o 12 de abril, segundo informou a DXT, que sinalou que foron rexistrados picos do 85%.
Por provincias e densidade demográfica, houbo diferenzas. Así, nas cidades non se chegou a superar o descenso do 80,94%, que se acadou no momento de maior restrición. Isto débese a que nos espazos urbanos os descensos foron menores que no resto das vías. Nas medicións provinciais, polo contrario, acadáronse os descensos máis fortes, que chegaron ao 85% na provincia da Coruña no momento de maior restrición.