O curso sobre decoración de azulexos recala os días 29 e 30 en Rianxo

26 Xullo 2020

Esta semana, os días 29 e 30 de xullo, vaise celebrar en Rianxo un curso de balde de decoración sobre azulexos. O horario para o desenvolvemento das sesións será de 10.00 a 14.00 horas, e estas están destinadas a veciñas e veciños de todas as idades (só se require ser maior de 12 da nos). As prazas son limitadas, 15, e a inscrición hai que realizala a través da conta de correo auditorio@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 183 217.

O curso está organizado polo Goberno galego e o Concello de Rianxo e insírese nas actividades do Xacobeo 2021. No caso concreto deste obradoiro de decoración de azulexos, trátase de reivindicar un dos principais elementos que engalanan as facha das construcións da ruta xacobea no mar de Arousa, achegando á cidadanía novas posibilidades creativas sobre estes elementos. O curso vai ser impartido, coma no caso da súa edición en Ribeira, polo artista Pablo Barreiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.