O Congreso Astronomía nas Rutas Xacobeas recala este verán en Rianxo e Noia

20 Xullo 2020

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago organiza o Congreso Público Astronomía nas Rutas Xacobeas, unha iniciativa itinerante pola xeografía galega (e fóra dela) que vén cun completo programa de conferencias, presentacións, e sesións de observación nocturna do ceo, tanto a simple vista como con telescopios. O congreso iniciouse este venres en Padrón para continuar logo en Lalín, Boqueixón, Rianxo, Teo, Allariz, O Barco de Valdeorras, Sanxenxo, Ribadeo, Monforte, Noia e Vedra, aínda que en varios concellos haberá máis dunha sesión. No caso de Rianxo, as actividades serán este 24 de xullo e, xa no mes de agosto, o día 25.

Máis en detalle, as citas rianxeiras serán o vindeiro venres 24 de xullo ás 21.45 horas e o martes 25 de agosto ás 21.00 horas. Levaranse a cabo Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo e contarán con relatorios sobre a tradición astronómica ligada á cultura do Camiño e, tamén, con sesións posteriores de observación. Só se poderá acudir con reserva de praza, que se pode facer a través da conta de correo auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(preferente) ou no teléfono 664 18 32 17.

Outros artigos

Sábado 8, intervalos nubrados e algún chuvasco illado

Este sábado,8 Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, o que deixará unha xornada de ceos con intervalos nubrados e a posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional, especialmente no noroeste durante as primeiras horas do día. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.