O Concello da Pobra retoma os prazos do pagamento das taxas

09 Xullo 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal informou da reapertura dos prazos de pagamento das taxas e dos prezos públicos municipais, que, como lembraremos, foran suspendidos con motivo do Estado de Alarma. O proceso retómase cunha novidade relativa á pandemia e ás consecuencias que tivo (e está a ter) na economía local: o Concello decidiu non cobrar este anos as taxas relativas ás mesas e cadeiras na vía pública dos establecementos hostaleiros do municipio.

Porén, tendo en conta que “as circunstancias excepcionais que deron lugar a tal decisión atópanse en tendencia decrecente”, volven ter vixencia, “para que a tesourería municipal recobre a liquidez necesaria para efectuar os pagamentos”, os períodos de cobramento das taxas pola prestación dos servizos de subministro de auga e sumidoiro, os da recollida do lixo, os da ocupación da vía pública para venda ambulante e os do mercado municipal.

Ademais, con relación ó imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano 2020, o novo período voluntario de pagamento será dende 15 de xullo ata 30 de setembro de 2020.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.