O autocine Lúa Chea no Barbanza estréase esta fin de semana en Boiro e Cabo coa mellor das acollidas

02 Xullo 2020

Unha das iniciativas estrela da Mancomunidade Arousa Norte, o autocine Lúa Chea no Barbanza, estréase esta fin de semana coa mellor das benvidas posíbeis: unha importante participación anticipada das seareiras e seareiros do cinema dos nosos concellos, que se traduce no cartel de “completo” para as catro primeiras sesións, programadas para Cabo de Cruz e Boiro. Nestas localidades xa están reservadas as 310 prazas de estacionamento que se poñían a disposición da veciñanza, cun aforo próximo ás 1.100 persoas. Este récord de participación logrouse en pouco máis de 48 horas.

Segundo informa a Mancomunidade, “a acollida do público vai da man coa singularidade da proposta”, que reside na seguridade que ofrece, “en consonancia cos protocolos para evitar a propagación da COVID-19”.

A idea de Arousa Norte foi facer rexurdir unha fórmula de éxito antano, os autocinemas, e adaptala aos novos tempos, nos que resulta máis necesario ca nunca o distanciamento social. “Trátase dun evento 100% COVID-free”, explica a organización.

A maior novidade é a aposta por unha pantalla con tecnoloxía LED para poder engadir unha sesión de tarde, dado que non está condicionada á ausencia de luz ambiente para unha visualización perfecta.

O ciclo de autocine Lúa Chea Non Barbanza arrinca este fin de semana en Cabo e Boiro, con películas de diversos xéneros, entre eles o familiar, o actual, o cinema galego ou o de humor. A esta cita seguirán as de Ribeira (10 e 11 de xullo), Rianxo (17 e 18 de xullo) e Pobra do Caramiñal (21 e 22 de agosto).

O porto boirense de Cabo de Cruz será o encargado de dar o pistoletazo de saída a partir das 20,30 horas do venres.

O programa, punto por punto

Como dixemos, a proposta Autocine Lúa Chea no Barbanza comezará no concello de Boiro o venres 3 de xullo na peirao de Cabo de Cruz con dous pases: ás 20h30 Grease (cinema clásico) e as 23h30 Parásitos (cinema actual) e o sábado 4 de xullo ás 20h30 Pinoccio 3000 (cinema familiar) e O que arde (cinema galego).

A seguinte fin de semana, será no concello de Ribeira (Porto – Muelle Comercial): venres 10 de xullo ás 20h30 Sonrisas de una noche de verano (cinema clásico), Somos Criminais (produción galega) e o sábado 11 de xullo ás 20h30 Gorgi, las mascotas de la reina (cinema familiar) e ás 23h30 Tolkien (cinema actual).

A fin de semana do 17 de xullo, Lúa Chea no Barbanza chegará a Rianxo ás 20h30 con Cinema Paradiso (cinema clásico) e ás 23h30 O que arde (cinema galego), e o sábado 18 de xullo ás 20.30 horas é a quenda de O Cid (cinema familiar) e ás 23.30 horas La Biblioteca de los libros rechazados (cinema actual).

O peche do autocine terá lugar no Concello da Pobra do Caramiñal na explanada portuaria do aparcadoiro o venres 20 de agosto ás 20h30 La vida es bella (cinema clásico), e as 23h30 Eroski Paraíso (cinema galego) o sábado 22 de agosto ás 20h30 Pérez, o ratonciño dos teus soños (cinema familiar) e Bohemian Rapsody (cinema actual).

Outros artigos

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.