Os catro concellos de Arousa Norte presentan a súa proposta conxunta de cinema seguro para todos os públicos: Lúa Chea no Barbanza

25 Xuño 2020

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte presentou este xoves 25 pola mañá unha innovadora iniciativa para promover na comarca o lecer, o turismo e a cultura a través de fórmulas seguras, controladas e, ao mesmo tempo, atractivas para o público. Estamos a falar da proposta Lúa Chea no Barbanza, que achega sesións de autocine para todos os concellos que integran a mancomunidade (Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo) ao longo dos meses de xullo e agosto. Fátima Cachafeiro, a nova xerente de Arousa Norte, salientou na presentación que se trata “dunha actividade mancomunada que forma parte dun traballo de reformulación de accións turísticas debido á crise sanitaria”. Lúa Chea no Barbanza veu da man das catro concellerías de Cultura dos concellos da comarca, contando para este traballo colaborativo co apoio da Deputación da Coruña.

Desenvolverase ende o 3 de xullo ata o 21 de agosto e contará con catro sesións en cada un dos concellos: Cinema Actual, Cinema Familiar, Cinema Clásico e Cinema Galego.

As catro concelleiras de Cultura de Arousa Norte encargáronse de presentar cada unha das programacións : María Outeiral (Concello de Boiro), Mariola Sampedro (Concello de Ribeira), Raquel García (Concello de Rianxo) e Patricia Lojo (Concello da Pobra do Caramiñal).

A proposta Autocine Lúa Chea no Barbanza comezará no concello de Boiro o venres 3 de xullo na peirao de Cabo de Cruz con dous pases: ás 20h30 Grease (cinema clásico) e as 23h30 Parásitos (cinema actual) e o sábado 04 de xullo ás 20h30 Pinoccio 3000 (cinema familiar) e O que arde (cinema galego).

A seguinte fin de semana, será no concello de Ribeira (Porto – Muelle Comercial): venres 10 de xullo ás 20h30 Sonrisas de una noche de verano (cinema clásico), Somos Criminais (produción galega) e o sábado 11 de xullo ás 20h30 Gorgi, las mascotas de la reina (cinema familiar) e ás 23h30 Tolkien (cinema actual).

A fin de semana do 17 de xullo, Lúa Chea no Barbanza chegará a Rianxo ás 20h30 con Cinema Paradiso (cinema clásico) e ás 23h30 O que arde (cinema galego), e o sábado 18 de xullo ás 20.30 horas é a quenda de O Cid (cinema familiar) e ás 23.30 horas La Biblioteca de los libros rechazados (cinema actual).

O peche do autocine terá lugar no Concello da Pobra do Caramiñal na explanada portuaria do aparcadoiro o venres 20 de agosto ás 20h30 La vida es bella (cinema clásico), e as 23h30 Eroski Paraíso (cinema galego) o sábado 22 de agosto ás 20h30 Pérez, o ratonciño dos teus soños (cinema familiar) e Bohemian Rapsody (cinema actual).

No acto de presentación tamén fixo acto de presenza Ezequiel Mosquera, responsábel técnico da actividade, que salientou que “esta acción leva integrada a posta en marcha dun plan de seguridade adaptado á situación actual, onde se contemplan todas as medidas de distanciamento físico (que non social) levando unha proposta estética e escénica que lembrará aos cinemas clásicos”.

As entradas serán de balde e para acceder a cada unha das películas é preciso rexistrarse na web barbanzarousa.gal.

Outros artigos

Martes 14, tempo variable ao longo do día

Galicia manterase nesta xornada nunha situación de equilibrio entre altas e baixas presións, o que deixará un tempo variable ao longo do día. Durante a mañá predominarán os ceos moi nubrados, con presenza de chuvias febles en distintos puntos da comunidade. Co avance...

+

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

En español usamos dos verbos (ser y estar) para expresar lo que otraslenguas, como el inglés, concentran en uno solo (to be). No es una diferenciamenor ya que nos permite distinguir entre lo permanente y lo circunstancial,entre lo que somos y lo que simplemente nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.