Novo caso activo e van 9 na área Sanitaria Santiago-Barbanza

A área de Santiago – Barbanza rexistra 9 casos de activos de coronavirus, un máis que onte, cun ingreso en hospitalización convencional no Complexo Hospitalario de Santiago CHUS. O paciente non tivo que ser ingresado en críticos.

Este caso racha a tendencia da área sanitaria desde o 25 de xuño. O número de curados segue manténdose na comarca en 1.771, á vez que aumentan as PCR realizadas, que pasaron, nas últimas 24 horas a 35.058 segundo informa o SERGAS.

En Galicia hai un total de 11.116 pacientes que xa están curados e a día de hoxe hai 171 pacientes en seguimento nos seus domicilios.