No Barbanza non hai casos en illamento nin corentena pola COVID-19

24 Xullo 2020

No Distrito Sanitario da Barbanza non quedan casos activos en illamento  nin persoas en corentena a causa do abrocho por coronavirus detectado hai máis dun mes, ao recibir a alta epidemiolóxica  os dous caos que permanecían illados cuxas PCRs deron negativo.

En total, debido ao abrocho detectado na maior parte dos casos en Ribeira realizáronse 400 probas PCR chegando a coincidir 9 positivos o día 21 de xuño. Ningún caso  requiriu hospitalización.

A orixe estivo nun caso importado do Brasil que chegara a Galicia a primeiros de xuño

Cómpre destacar o correcto funcionamento do rastrexo e lembrar a necesidade de continuar aplicando as medidas hixiénico sanitarias establecidas, como son o uso da máscara e a correcta hixiene de mans, principalmente.

Por outra banda na área sanitaria Santiago-Barbanza hai 11 casos activos , 1.776 pacientes curados e realizaronse 35.721.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.