Extinguido o incendio de Porto do Son tras arder 19 hectáreas

20 Xullo 2020

O incendio forestal que permanecía activo desde a tarde do sábado en Porto do Son quedou extinguido na mañá deste luns tras queimar 19,35 hectáreas. Tal e como informa a Consellería do Medio Rural o lume de Porto do Son que afectou á parroquia de San Pedro de Muro, calcinou 19,35 hectáreas, 3 de arbolado e o resto monte raso, de acordo coas últimas estimacións realizadas por GPS.

Traballaron na súa extinción polo menos oito axentes, 21 brigadas, 13 motobombas, dúas pas, catro avións e catro helicópteros. Nestes labores tamén colaborou o Ministerio para a Transición Ecolóxica a través de dous avións anfibios das bases de Matacán (Salamanca) e Lavacolla.

Aspecto do incendio no serán de onte domingo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.