En Ribeira 16 empresas aspiran a obras do parque infantil do Colexio de Artes

11 Xullo 2020

O Concello de Ribeira informa de que, concluído o período de presentación de propostas, un total de 16 ofertas foron presentadas á actuación na pavimentación e reordenación do parque infantil do colexio de Artes.
Cun orzamento de 32.834 euros e un prazo de execución de dous meses, a intervención persegue ampliar a zona de xogos coa colocación dun rocódromo e dous muelles que se suman aos cinco xogos xa existentes, que se disporán sobre un novo pavimento de caucho continuo rodeado de herba artificial ata completar dunha área de actuación de 300 metros cadrados.
Ademais, será instalada unha liña de pluviais para evitar encharcamentos, formada por unha tubaxe de 75 metros de lonxitude, 3 pozos de rexistro e 4 arquetas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...