Dodro reforza os seus servizos sociais co apoio da Deputación

02 Xullo 2020

O deputado delegado da Área de Asistencia aos Concellos, José Manuel Lage Tuñas, reuniuse esta mañá co alcalde de Dodro, Xabier Castro Tourís, e cos membros do goberno municipal para analizar as necesidades do municipio tras a crise sanitaria da Covid-19.

Lage afirmou que a reunión de hoxe continúa a rolda de contactos coa que o Goberno provincial pretende escoitar as necesidades dos municipios para facer fronte aos efectos sociais e económicos da pandemia, unha vez superada a crise sanitaria.

O deputado lembrou que o pleno da Deputación vén de aprobar a primeira achega do Plan único 2020, de 41,2 millóns de euros, dos que Dodro recibe 146.000 euros. Destes fondos, 18.787 euros corresponden a unha achega extraordinaria para axudar aos municipios a afrontar o incremento do gasto social derivado da crise da Covid19.

“A Deputación está destinando importantes recursos para apoiar os concellos tras o coronavirus, tanto reforzando os servizos sociais como axudándoos na recuperación económica e a creación de emprego”, afirmou Lage Tuñas, que destacou tamén os importantes investimentos que a Deputación realiza no municipio a través do programa de servizos sociais comunitarios (87.841 euros) e do PEL, que este ano permitirá crear catro empregos no Concello de Dodro. Neste sentido, o alcalde destacou o traballo desenvolvido polo concelleiro de Servizos Sociais, Xoán Bautista Mariño, que promoveu, entre outras cousas, a contratación dunha asistenta social para afortalar a área. 

Pola súa banda, o alcalde de Dodro agradeceu a visita do deputado provincial e destacou “a utilidade dos fondos da Deputación, especialmente para os concellos rurais coma o noso, no que estamos experimentando un notable incremento da demanda de axudas sociais tras a crise sanitaria”.

José Manuel Lage reuniuse co alcalde para analizar as necesidades do municipio tras a crise sanitaria da Covid-19

Outros artigos

Dodro organiza este domingo 4 de outubro unha xornada micolóxica

Este 4 de outubro (domingo) a veciñanza de Dodro ten unha cita cos cogomelos. Será unha xornada micolóxica organizada polo Concello para aprender e recoller diferentes tipos de cogomelos e coñecer as súas principais características para telos sempre identificados e...

+

O BNG de Dodro demanda máis persoal municipal

Desde o principio do mandato o BNG de Dodro está trasladando aos gobernos locais e autonómico a preocupación veciñal polo que é, nas súas palabras, "unha falta de investimento en Dodro" e "unha falta limpeza e asfaltado ao longo da estrada da Xunta AC-305 que vertebra...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.