Dodro pide á Xunta que remate o proceso das parcelarias de monte

31 Xullo 2020

Cedida

O goberno local de Dodro reuniuse con veciños das aldesa de Revixós, Cancela Abrea, Susavila, A Igrexa e Vigo para abordar o proceso de concentración parcelaria de monte, que está parado na Xunta. O alcalde, Xabier Castro, dixo non saber da sitaución desde a última resolución da Consellería do Medio Rural de outubro do ano pasado, que deixou sen efecto outra da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural de maio de 2019, na que excluía do proceso de concentración parcelaria de montes a dúas parroquias parcelas situadas no polígono 27 das bases definitivas, por tratarse de terreos de chan urbanizable industrial.

Medio Rural atendía así as alegacións de varios dos propietarios de terreo afectados, entre eles a Comunidade de Montes Balouta e Fontecova, que presentaron en maio un recurso de alzada contra esa resolución. Estas alegaron que os terreos non eran chan industrial, senón rústico especialmente protexido porque en maio non entrara en vigor a modificación do PXOM, aprobada en pleno polo PP, que as recalificó como chan industrial.

Outros artigos

Dodro amplía o Paseo das Estrelas con motivo do 8M

O Concello de Dodro preparase para a celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Desde o Centro de Información da Muller Dodro - Padrón este ano ponse o foco na educación e na visibilización. A primeira das actividades está dirixida á nenez. En palabras do...

+

Dodro denuncia un roubo de cable que afecta a luminarias do concello

O Concello de Dodro descubriu este pasado domingo 22 de febreiro un furto de cable na pista que transcorre paralela á estrada AC- 305. As sospeitas apuntan a que o roubo cometeuse na noite do sábado de piñata xa que o venres pasado as luminarias funcionaban. Foron...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.