Dodro licitou por 64.554 euros a rehabilitación das súas escolas unitarias, co apoio da Deputación

07 Xullo 2020

O Concello de Dodro licitou por 64.554 euros (licitación pública até o 15 de xullo na Plataforma de Contratación do Estado) as obras de reparación das escolas unitarias de Bexo, Chenlo e Vigo (Dodriño), que serán financiadas polo Plan Único da Deputación da Coruña. Na escola de Vigo os traballos inclúen o illamento exterior da fachada para eliminar as filtracións de auga e humidades, a conversión dos dous aseos existentes nun único aseo adaptado a persoas con mobilidade reducida,a instalación de novos pavimentos e a substitución de todas as portas da planta baixa.

En Bexo, levaranse a cabo tarefas de illamento exterior das fachadas, instalación de tarima flotante de madeira laminada e substitución das xanelas do inmóbel por unhas novas con marco de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre illante, que contribuirán, segundo informou o Concello, a “eliminar a humidade e mellorar o confort térmico no interior do edificio”.

Finalmente na escola unitaria de Chenlo substituiranse as portas de acceso da planta baixa por unhas novas de aluminio con rotura de ponte térmica e peche de seguridade.

Dodro súmase así a outros municipios da provincia coma Pontedeume, Vimianzo, Cee ou Coristanco que nos últimos anos destinaron fondos do Plan Único á recuperación de escolas unitarias, tanto para seguir prestando servizos educativos como para usar os inmóbeis como centros sociais veciñais.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.