Desde hoxe pode pedirse o Bono Concilia

28 Xullo 2020

A Xunta de Galicia abre desde este martes, e ata o 27 de agosto, o prazo de solicitude do Bono Concilia, unha prestación de entre 45 e 250 euros mensuais para axudar as familias para pagar unha praza para os seus fillos na escola infantil da súa elección, naqueles casos nos que non obtivesen praza nun centro público. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a orde que regula a concesión destas axudas económicas cun investimento inicial de máis de 1,7 millóns de euros, ampliable en función das solicitudes que se presenten. O feito de que todos os segundos fillos e sucesivos accedan á gratuidade da atención educativa, lembrou a Xunta, “cambia substancialmente o labor do Bono Concilia”.

Neste 2020, esta axuda seguirá en vigor, pero estará destinada aos primeiros fillos. Outra das novidades da convocatoria deste ano é que, para os nenos que obteñan praza nunha escola infantil pública a partir do 20 de outubro, as familias poderán escoller entre aceptar esa praza ou continuar co bono. As solicitudes, xunto coa documentación requirida, deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario que está dispoñible na sede electrónica da Xunta. Tamén se poderán entregar de maneira presencial por rexistro.

Outros artigos

“Alternativa habitacional” – José Manuel Pena

A lexislación establece que en caso de desaloxos dos seus fogares de persoas ou familias vulnerábeis a Administración ten que garantir unha alternativa habitacional. En Galicia, é competencia da propia Xunta de Galicia e en ocasións non se lles garante porque non hai...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...